Teatro e maxia acompañan a primeira finde de outubro en Boiro

02 Outubro 2020

Se ben rematou, propiamente dito, o ciclo Verán Cultural do Concello de Boiro, as actividades de toda índole (diversas, descentralizadas, creativas e seguras) van ter continuidade este outono. Esta fin de semana, sen ir máis lonxe, imos ter teatro e maxia para crianzas e familias. Hoxe 2 de outubro a Casa da Cultura vai acoller o espectáculo Lambetadas, a partir das 20.00 horas. Trátase dunha peza de teatro para público infantil e familiar a cargo da compañía Talía Teatro.

Lambetadas ten como obxectivo a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual.

O Concello explica que o aforo deste espectáculo é, como vén sendo costume dende que se iniciou a alarma da COVID, limitado. As entradas poden conseguirse o propio día da función, a partir das 16.30 horas, na Casa da Cultura.

O sábado a maxina será protagonista da man do Mago Tego, que estará na Casa da Cultura de Boiro a partir das 12.00 horas. Será unha actividade para público infantil e familiar, maiores de 7 anos. O obxectivo do espectáculo é espertar o interese pola arte da maxia na xente. O aforo é novamente limitado e as entradas poden reservarse na propia biblioteca ou no número de teléfono 981 84 84 10.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.