“A nova normalidade”. Antón Luaces

29 Setembro 2020

Vai dous meses, os españois fixemos virar a curva do coronavirus e gañamos à guerra á COVID-19. Forzamos ao becho coma quen dí, por collóns. Pero o virus segue a matar xente, a levar cada semana milleiros de contaxiados ós hospitais ou a unha corentena na casa de seu gañada a mesma a pulso en moitos casos. Dende logo, en máis do que sería admisible. E España vai na cima da onda, amosando as súas carencias, marcando distancias no marco dunha “normalidade” anormal na que, tal vez polas presas, adiantámonos ós feitos, reunímonos como si nada pasara, saímos a festas e verbenas en puro show e reclamamos que nos devolvan a vida, a nosa vida de sempre, a esa vida que significa ir sen tapabocas (máscaras) a calquer evento e a facer das rúas e prazas, bares e cafetarías os puntos de encontro nos que reclamar o noso dereito a sermos diferentes. Estamos na nova anormalidade. A nosa vida é ruar.

Após 40 días pechado na casa -convertindo os corenta pasos de ida e volta do corredor desta nunha pista de atletismo para tentar que o “becho” non me deixara arrumbado nunha cama ou un sofá de por vida- a famosa “curva”, vencida e derrotada por un exército de inconscientes ameaza con levarnos novamente a un encerro de efectos quen sabe se piores cos da primavera neste outono de cicloxéneses explosivas. Madrid está como está. Castilla y León, Euskadi, Extremadura seguen na listaxe de comunidades máis afectadas. Galicia agocha baixo a alfombra as súas carencias e os menos novos somos novamente os chamados a engordar as contas dos ingresados e falecidos no balbordo dun sistema médico carente de case todo menos de gañas de combater por parte dos que sempre son barreira e os primeiros en caer no combate.
Desta vez sabemos máis do virus. Pero o millor é que sabemos coma nunca como se morre unha outra vez nos centros de maiores, nos corredores dos hospitais… Sabemos como médicos e enfermeiros se xogan a vida aquí para, diante do que hai, coller o petate e sair ao estranxeiro (cousa que os galegos sabemos facer coma ninguén) para gañar tres ou catro veces máis do que aquí se lles paga pola prestación duns servizos ós que outros acceden pola porta estreita que é a da amizade e a recomendación e poucas veces a preparación persoal. A recomendación segue a ser máis eficaz, moito máis eficaz, que un curriculum feito a pulso. O diñeiro público non sempre se inviste axeitadamente, porque doutro xeito non existirían as carencias médicas que neste país nos conducen ás UCI como paso previo ao crematorio ou ó cemiterio. É a normalidade anormal que veu para quedarse após crebar ondas consecuencia dunha pandemia para a que en Galicia, como en España, non estabamos preparados para combater de xeito singular. Sí, temos centros médicos; pero estás valeiros de contidos. Temos centros pero non temos médicos. Os sanitarios que había están agora espallados por Europa. Outra vez as maletas. Outra vez a saída. En Madrid piden médicos extracomunitarios, dempois de que os formados nas universidades españolas e con cargo ós orzamentos de España viran que todo aquilo para o que se prepararan vai agora nos lombos das candorcas que navegan polos protocolos dunha anormal normalidade propia dos campións que “gañamos” á pandemia, vencemos a curva e mandamos ó carallo as máscaras e as recomendación dos sanitarios.
Non me gustaría loitar pola vida normal dende un anormal corredor ou unha cama de UCI mentres os políticos aproveitan a onda do outono, abofé.

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.