Dodro acolle a mostra “muller e deporte”

17 Setembro 2020
Dodro acolle a mostra “muller e deporte”. c

A Praza do Concello de Dodro acolle a exposición “Dodro, Muller e Deporte”, unha iniciativa das áreas de Igualdade e Deportes onde se pretende dar a ver o deporte feminino de Dodro o longo dos anos. Para iso no mes de xullo fíxose unha recollida de fotografías coa participación de mais dunha vintena de mulleres, onde se percorre o período dende os anos setenta até a actualidade.

Estas coirenta e cinco imaxes están expostas no interior da Casa do Concello. Participaron nesta presentación, ademais das protagonistas, diversas persoas relacionadas co deporte de Dodro, como os representantes do C.D. Dodro de fútbol e do xa desaparecido Bacelos de voleibol.
A continuación da presentación iniciouse un interesante debate entre as persoas asistentes moderado polo persoal técnico das dúas áreas, onde se profundou no avance da igualdade real entre mulleres e homes no mundo deportivo, e nas eivas que a día de hoxe aínda existen.

O Concello de Dodro é un referente en políticas de igualdade, dende fai moitos anos se está a traballar nunhas liñas estratéxicas trazadas en diferentes Plans de Igualdade, iniciados no ano 2004 e executados polos diferentes gobernos municipais, mantendo e potenciando o compromiso coa igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero.
O deporte pola súa potencialidade educativa e nos medios constitúe un motor de cambio social importante e contribúe desde fai tempo a promover a igualdade real entre mulleres e homes e avanzar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Dodro acolle a mostra “muller e deporte”.c

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.