Galicia rexistra un total de 4.364 activos por COVID-19. A morte de dúas persoas eleva a 668 os falecidos

09 Setembro 2020

A área sanitaria Santiago- Barbanza rexistra a morte dun home de 81 anos quetiña patoloxías previas. Este é o terceiro falecido por COVID-19 na área sanitaria en menos dunha semana. Os casos activos chegan a 659 con 15 hospitalizados no CHUS e un deles na unidade de críticos. Hai 2.207 pacientes curados e realizaronse 57.725 PCR.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364 deles 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 4.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas, rexistrándose 668 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron dous homes de 81 e 71 anos que estaban ingresados no CHUS e no HULA, respectivamente. Ambos presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 374.635.

Sanidade establece o uso obrigatorio de máscara nos ximnasios en toda Galicia e eleva do 50% ao 75% os aforos en terrazas naquelas zonas con especiais restricións

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.