En Dodro adxudicada a restauración do retablo lateral da igrexa de San Xiao de Laíño

04 Setembro 2020

A Xunta de Galicia vén de adxudicar os traballos para restaurar o retablo lateral de Nosa Señora do Socorro da igrexa parroquial de San Xiao de Laíño, no concello de Dodro. As actuacións contan cun orzamento de 22.460 euros e permitirán reparar os danos existentes neste ben da época barroca e incluído no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Concretamente, a restauración conta cun prazo de execución previsto de catro meses e centrarase en atallar os danos estruturais existentes no ben a causa das condicións ambientais e que provocaron afeccións como perdas volumétricas, fendas, a oxidación de elementos metálicos ou danos na policromía. Así pois, entre as actuacións que se levarán a cabo figura a restauración das imaxes do retablo, o tratamento de elementos metálicos, a consolidación da madeira debilitada, a revisión de ancoraxes ou o sentado do dourado e a policromía deste ben, entre outras.

Para poder desenvolver estes traballos, a Xunta asinou un convenio coa Arquidiocese de Santiago de Compostela que permitiu a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración en varios inmobles eclesiásticos, entre os que figura a igrexa de San Xiao de Laíño.

Igrexa do século XVII

O retablo lateral de Nosa Señora do Socorro da igrexa parroquial de San Xiao de Laíño trátase dun ben da época barroca realizado en madeira de castiñeiro policromada e dourada. O deseño da súa arquitectura e o uso dalgúns elementos decorativos son mostra deste estilo artístico, como queda reflectido na columna salomónica con fuste en espiral cuberto de panos, borlas, cintas e temática vexetal ou no remate en volutas e anxos que remiten a mediados do século XVIII.

Esta igrexa parroquial de estilo barroco foi construída a principios do século XVII e trátase dun templo con planta de cruz latina. No seu interior destacan especialmente os seus retablos: o maior, obra de Francisco de Lens, e nos brazos do cruceiro outros dous de 1764 de Francisco Núñez de Boiro.

Retablo lateral da igrexa de San Xiao de Laíño

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.