Galicia ten 3.991 casos activos por COVID-19. A morte dunha muller eleva a 651 os mortos no país

03 Setembro 2020

Os falecementos de persoas diagnosticadas con COVID-19 en Galicia elévanse a 651 desde que comezou a pandemia tras a morte dunha persoa usuaria da residencia Orpea de Culleredo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.991 deles 1.425 son da área da Coruña, 798 da de Lugo, 386 da de Ourense, 271 da de Pontevedra, 302 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

NA área sanitaria Santiago-Barbanza hai 659 casos activos. Rexistranse 11 hospitalizados no Hospital Clínico de Santiago (1 deles nunha Unidade de Críticos). Hai 1.963 pacientes curados e realizaronse 53.804 PCR realizadas. A área sanitaria de Santiago e Barbanza rexistra 45 contaxiados máis e 30 novas altas.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 159 en unidades de hospitalización e 3.817 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.039 persoas curadas, rexistrándose 651 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 349.050.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.