“Rematada a campaña da sardiña e a piques de facelo a do bonito, amplíase a do bocarte en augas galegas”. Antón Luaces

12 Agosto 2020
Antón Luaces

A presenza de grandes bancos de bocarte nas proximidades da costa da Mariña lucense, converte ós portos galegos, especialmente o de Celeiro (Lugo) en receptores das importantes capturas que realizan as tarrafas con base nos distintos portos do Cantábrico e mesmo os da Galicia atlántica. En Celeiro, concretamente, xa se levan vendidos máis de 320.000 quilos de anchoa, especie que acadou un prezo promedio de 80 céntimos de euros o quilo. Esta cifra pode e debe verse moi superada nas vindeiras xornadas debido a que está a piques de rematar a campaña de bonito. Cando isto sexa unha realidade, serán moitos os barcdos que, pescando actualmente os citado túnidos, pasarán a integrarse de cheo na frota anchoeira do Cantábrico.

A pesca do bocarte -ou anchoa- reforza notablemente á frota do Cantábrico Noroeste, que está moi espallada na área cantábrica, e que vai incrementarse en número debido a que, ao non existir outras pesquerìas, as unidades pesqueiras se integran na frota do bocarte.

A maior parte da anchoa vendida no porto de Celeiro foi comprada por conserveiras de todo o país, eu elaboran a especie en produtos como filetes en salazón e aceite ou boquerón (en filetes en aceite e vinagre). Esta elaboración aporta máis valor ó que intrínsecamente ten o bocarte, unha especie moi estimada en todo o territorio e que tamen soe venderse para o consumo en freco (o que non engade máis valor que aquel que se rexistra na lonxa e a venda posterior nos mercados).

Esgotada vai xa case catro semanas a captura da sardiña no caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, a aparición agora da anchoa nas proximidades da costa das provincias deA Coruña e Lugo, especialmente na zona da Mariña, supón unha inxección económica para un segmento de frota que ten a súa base principal nos portos de Burela e Celeiro. Ao mesmo tempo, beneficia a armadores e tripulantes dos barcos asturianos, cántabros e bascos que utilizan para os desembarques de peixe o xa citado porto de Celeiro. As tripulacións destes barcos aproveitan o descanso de fin de semana para se achegar ós seus respectivos domicilio, para o que proceden a alugar autobuses nos que realizan o traslado de ida e volta. tal e como fan os galegos nas campañas da xarda e o bonito, pero en sentido inverso.

En augas do Cantábrico Noroeste faenan estes días un bo número de barcos das catro comunidades autónomas de todo o Cantábrico que na actualidade empregan o porto de Celeiro como base operativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.