A Casa da Cultura de Boiro acolle en agosto a obra gañadora dos premios de gravado Jesús Núñez de Arte Gráfica 2019

07 Agosto 2020
Casa Cultura Boiro

A Casa da Cultura de Boiro acolle no mes de agosto unha mostra itinerante que surxe da obra gañadora dos premios de gravado Jesús Núñez de Arte Gráfica, que no ano 2019 alcanzaron a súa catorceava edición. O gañador
desta última edición e que expón a súa obra en Boiro é o tailandés rrawoot
Com-on. A mostra pode verse na sala de exposicións do Concello de Boiro ata o vindeiro 26 de agosto.
“Happy wedding day in heaven” é o titulo da obra que se expón na Casa
da Cultura de Boiro, unha obra que pon en evidencia que o gravado segue
tendo vixencia como medio de expresión plástica dentro das novas xeracións e que funciona como un soporte de sensacións e mensaxes. O autor mostra nesta obra outras realidades culturais cun punto irónico.
O premio Jesús Núñez de Arte Gráfica convócao a Fundación CIEC coa
colaboración da Deputación Provincial da Coruña e é un dos premios de
gravado con maior prestixio dentro e fora de Galicia. A mostra da obra
gañadora do premio pode visitarse xa na Casa da Cultura Ramón Martínez
López de Boiro e estará dispoñible ata o vindeiro 26 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.