30 millóns para a paralización temporal do sector pesqueiro. Por Antón Luaces

28 Xullo 2020

O Consello de Ministros celebrado hoxe aprobou o destino de 30 millóns de euros ó financiamento da paralización temporal da actividade pesqueira para, deste xeito, poder facer fronte ao impacto socioeconómico da COVID-19. O real decreto aprobado polo Goberno crea as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para facer chegar ós distintos operadores afectados, de xeito urxente, a posibilidade de que reduzan ao máximo os prazos para asegurar a plena efectividade da medida. Esta axuda, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75%,  e un 25% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ten como destinatarios armadores e pescadores.
Para optaren a estas axudas terase en conta o período comprendido entre o 16 de marzo e o 15 de xullo de 2020, sendo beneficiarios das mesmas armadores e aqueles tripulantes cuxas empresas non presentaran un procedemento de suspensión de contratos ou cese de actividades.
Estímanse entre 6.000 e 9.000 os beneficiarios que poden optar ás axudas, sendo o obxectivo destas o perigo de creba das empresas pesqueiras, feito que conlevaría a perda de emprego, tanto autónomo como asalariado.
Deste xeito elévanse os umbrais para os investimentos que realicen con organizacións de produtores pesqueiros mediante os plans de produción e comercialización, pasando dun 3% a un 12%, así como a porcentaxe que se pode destinar a anticipos para a súa execución, que pode abranguer do 50 ao 70% da contía aprobada. Tamén posibilita que as organización de produtores pesqueiros podan empregar o mecanismo de almacenamento para paliar os efectos da pandemia, pasando neste caso os umbrais do 15 ao 25% para as cantidades almacenadas e a porcentaxe da axuda máxima para este concepto aumenta do 2 ó 20%.
España é líder en produción pesqueira, acuícola e de produtos transformados no ámbio da Unión Europea. No seu conxunto este é un sector que produce perto de 2 millóns de toneladas e unha facturación de máis de 6.700 millóns de euros.

Outros artigos

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...