Os Centros Amicos están de volta

24 Xullo 2020
Centro AMICOS BOIRO

Este, está sendo un ano cheo de aprendizaxes e situacións novas ás que nos temos que adaptar. Pero en Amicos están acostumados a ter que ir superando pequenos e grandes retos. Nos centros de atención diurna, tiveron que cesar a actividade por mor da declaración do estado de alarma tras a aparición do covid-19 nas nosas vidas. Nestes meses tiveron tempo para estar coa familia, descansar, ler, ver a tele…pero votaban de menos o traballo, aos amigos e amigas, saír a tomar algo…
A través da tecnoloxía puderon seguir en contacto cos amigos e amigas que viven no centro residencial, e saber que tal se atopaban. Tamén os técnicos da entidade estiveron en contacto coas familias para aportar actividades e novas ideas para facer cousiñas na casa. As cousas foron mellorando e con estos avances os profesionais cos que traballn puideron vir ás casas e disfrutar de novo da súa compañía e facer cousas diferentes.
Estamos xa no mes de xullo, e aínda que as cousas parecen que volven á normalidade, non é así para todo o mundo. Por fin os centros de atención diurna poden dar atención!!! Pero non igual que antes. Temos que usar mascarilla, lavar as mans a muído, gardar dintancia social e saudarnos co
cóvado!
Son moitas novidades pero en AMICOS están encantados de poder estar de volta.
Esta semana os centros de atención diurna (centro de día e centro ocupacional Amicos) comezaron a súa actividade a un 50% da súa capacidade, segundo marcan os protocolos da Xunta de Galicia. A medida que se avance e non teñamos incidencias co covid-19 podrán ampliar a actividade ao 75% no mes de agosto e chegar ao 100% no mes de setembro.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.