Aprobadas no pleno de Boiro mocións para loitar contra a fenda dixital e instalar placas solares en edificios públicos

24 Xullo 2020

O Concello de Boiro celebrou este xoves, ás 20.00 horas na Casa Consistorial, o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo de 2020. Durante a sesión, que contou coa ausencia de dous concelleiros (Carlos Ansoar, do Bloque Nacionalista Galego, e Juan Dieste, do Partido Popular), procedeuse a formalizar a toma de posesión da concelleira Paula García Alcalde. Un dos primeiros puntos a tratar foi o posíbel convenio entre a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias (do Ministerio do Interior) e o Concello de Boiro para o cumprimento de penas de traballo de reclusos en beneficio da comunidade, cuestión que foi rexeitada finalmente (5 votos a favor do PSOE, 1 do BNG, 1 de Boiro Novo, 1 de IC Boiro; abstención do PP e Ciudadanos).

Pola contra, si que foi aprobada inicialmente a modificación do regulamento municipal de animais domésticos e animais salvaxes en catividade (5 votos a favor do PSOE e 1 de ICBoiro; abstención de PP, Ciudadanos, BNG e Boiro Novo). A maiores, foron aprobadas por unanimidade (con 15 votos a favor) dúas mocións de Ciudadanos e IC Boiro: a primeira en relación á fenda dixital e a segunda relativa á instalación de placas solares en edificios públicos.

Por motivos de seguridade a sesión celebrouse sen asistencia de público. Pode verse a sesión completa a través da canle de YouTube.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.