A policia de Rianxo realiza desde hoxe controis de drogas, alcohol e velocidade

21 Xullo 2020

A policia local de Rianxo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico realiará unha Campaña especial de vixilancia e control de alcolhol, drogas e
velocidade, para o que disporá dun vehículo cedido equipados cos medios técnicos necesarios. A campaña qeus e iniciou hoxe alongarase ata o 4 de agosto de 2020 no término municipal de Rianxo

Por outra banda entre o día 15 de xuño e o 15 de xullo de 2020, coa volta ánova normalidade na comunidade Galega, dentro das actuacións ordinarias deste corpo policial, realizáronse a seguintes actuacións:

Relativas en materia de tráfico, instruíronse 2 atestados
por delitos contra a seguridade viaria por carencia ou perda
de vixencia de permiso de conducir, e detectándose un total
de 17 infraccións administrativas, das cales 4 por
conducción baixo os efectos de alcohol e drogas, 2 por
condución temeraria, 10 relativas a documentación do
vehículo (carecer de seguro obrigatorio ou ter caducada a
ITV), e 1 por irregularidades no permiso de conducción.Relativas en materia sanitaria, tramitáronse 5 denuncias
administrativas por non usar a máscara obrigatoria, e
realizáronse numerosas actuacións preventivas de vixilancia
e control, principalmente no mercado ambulante ordinario,
nos establecemntos hostaleiros e nas praias.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.