O PP gaña un deputado mais tralo reconto final da emigración nas Autonómicas. PP 42, BNG 19, Psoe 14.

20 Xullo 2020

O reconto do voto emigrante outorga ao PP o disputado escano 42, os populares fanse co deputado por Pontevedra. O escrutinio do voto emigrante que as xuntas electorais realizaron esta luns, decantou finalmente a balanza cara ao lado popular. En xogo estaba o escano por Pontevedra, en mans do PSdeG desde o 12- J por só 45 papeletas e a falta do reconto do voto exterior realizado esta mañá. Tras computar os votos chegados da emigración, o PP galego logrou ampliar a maioría absoluta do presidente da Xunta en funcións, o popular Alberto Núñez Feijóo, ata os 42 escanos.

O PPdeG obtivo un total de 746 sufraxios do exterior; o BNG, 414; e o PSdeG, 340. Tras facerse públicos os resultados, o PPdeG xa celebrou o novo escano e felicitou ao presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, por manter finalmente o deputado número 11. O BNG queda en segunda forza con 19 deputados e o Psoe perde un e queda con 14 deputados.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.