Rianxo en Común activa un servizo para a dixitalización das cartas dos establecementos hostaleiros

17 Xullo 2020

A agrupación cidadá Rianxo en Común puxo en marcha un novo servizo tecnolóxico para apoiar ao establecementos rianxeiros fronte ás consecuencias da pandemia do coronavirus. Trátase da activación dunha ferramenta de balde de dixitalización de cartas a través de códigos QR, “co obxectivo de que os locais de hostalería rianxeiros poidan adaptarse á normativa contra a COVID que prohibe o uso de cartas individuais de prezos”, explicou a plataforma que coordina Julián Bustelo, engadindo que o servizo asentarase sobre a páxina web impulsada por Rianxo en Común hai uns meses.

Nela mostrarase a listaxe de prezos así como outra información de interese sobre cada un dos diferentes locais. A cada un dos establecementos adheridos daráselle o código impreso para que o poida colocar no establecemento segundo considere. 

A iniciativa inclúese dentro dunha liña de traballo que Rianxo en Común vén desenvolvendo nós últimos meses orientada a “asesorar e apoiar ao tecido comercial e empresarial do municipio”. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.