Rianxo en Común activa unha web que informa dos comercios que seguen abertos e os que abrirán os días vindeiros

15 Abril 2020

A agrupación Rianxo en Común que coordina Julián Bustelo vén de impulsar unha iniciativa para facilitar o día a día da xente durante o Estado de Alarma, en relación aos servizos dos que poden botar man a nivel local e os sitios onde poden seguir facendo as súas compras e adquirir bens de primeira necesidade. Máis en detalle, trátase dunha páxina web na que se lle ofrece á veciñanza de Rianxo “información actualizada acotío sobre os comercios que fican abertos, o servizo que dan e os horarios que teñen”. Podemos vela en comerciorianxeiro.gal.

A páxina foise materializando dende o inicio da alarma pola pandemia, collendo corpo a través dun formulario pendurado nas redes sociais por medio do cal os diferentes comerciantes foron enviando a información requirida. O obxectivo de Rianxo en Común foi “dar un paso máis para que os datos estean máis accesíbeis e doados de actualizar”. A páxina inclúe un formulario para ir completando a información con detalles útiles de máis establecementos.

Segundo informou a agrupación cidadá que coordina Julián Bustelo, a intención é que a web siga activa cando a situación se normalice: “Co remate da crise, pretendemos incluír tamén os comercios que vaian abrindo, convertendo a web nun escaparate virtual do comercio local rianxeiro, con datos pormenorizados, imaxes e ofertas”. A páxina será obxecto das modificacións precisas para dotala de máis posibilidades, “tanto para os comerciantes que queren figurar nela como para a veciñanza e os visitantes”.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.