O novo karaoke de verán da TVG, Cantas ou que?, busca talentos no Barbanza. O prazo remata mañá día 13

12 Xullo 2020

CRTVG prepara un novo programa musical no que se dará voz a cantantes afeccionadas/os de todos os recantos de Galicia, o programa Cantas ou que?, e a nosa comarca non vai ser unha excepción nesta busca de novos talentos. Segundo informa a produtora, Voz Audiovisual, Barbanza será, de feito, a primeira parada da xira. Quen queira concursar deberá enviar a súa solicitude antes do 13 de xullo, á seguinte conta de correo: ana.fontan@vozaudiovisual.com.

Como dixemos, Cantas ou que? é un programa de karaoke para a TVG que se vai gravar en distintas zonas de Galicia durante todo o verán. “Sabemos de boa tinta que no Barbanza contades con bos e boas profesionais da canción, e sobre todo con xente con gañas de pasalo ben, por iso gustaríanos contar con eles e elas para para a convocatoria de casting”, explican dende Voz, engadindo que para participar só temos que enviar un breve vídeo interpretando unha canción e incluíndo unha pequena introdución (quen somos, por que nos gusta cantar, de onde somos, etc).

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...