
O Concello de Rianxo convocou a edición 2026-2027 do Concilia Nadal, un servizo de apoio á conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello, cun programa de actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre.
As actividades desenvolveranse do 22 de decembro ao 07 de xaneiro (agás fin de semana e festivos): 22, 23, 24 – 28, 29, 30, 31 de decembro de 2026 e 04, 05 e 07 de xaneiro de 2027. Levaranse a cabo en horario de 8:00 a 14:00 horas.
As persoas destinatarias son nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2023, ambos incluídos. Concilia Nadal de Rianxo terá a súas sedes no CEP Brea Segade (Taragoña), con 15 prazas, no CEIP Ana Ma Diéguez (Asados), con 15 prazas e no CEIP Castelao (Rianxo), con 30 prazas.
As solicitudes deberán presentarse do luns 30 novembro ao luns 14 decembro (ambos incluídos), no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo solicitude de inscrición no Concilia Nadal, e, preferentemente, de forma telemática.






