Iniciada a mellora da pavimentación e abastecemento na rúa Agriña, en Palmeira

26 Novembro 2026

A rúa da Agriña, en Palmeira (Ribeira) contará cunha renovada rede de abastecemento e pavimentación unha vez finalicen as obras que comezaron nesta semana en dita vía da parroquia de Palmeira. O Concello de Ribeira executa estas obras para seguir mellorando as prestacións nas parroquias cunha actuación adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A., por importe de 96.977,31 euros, IVE incluído, ao abeiro do POS+2025.

En primeiro lugar, procederase coa instalación de 395,00 metros de tubaxe para a condución de auga para consumo doméstico e equipamento necesario, renovando as acometidas domiciliarias e entroncando coas redes existentes para, posteriormente, aplicar aglomerado asfáltico en quente en toda a calzada, que supón unha superficie de 2.838,00 metros cadrados. Os traballos finalizarán co pintado da sinalización horizontal. O prazo de duración desta intervención é de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...