
Na mañá de hoxe, a veciñanza, o Concello, a Corporación Municipal e o tecido asociativo de Muros volveron erguer a voz contra a violencia machista cunha concentración con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Fixérono no Curro da Praza, diante do Concello.

Ademais, instalouse un punto de sensibilización en colaboración coa asociación inclusiva ADISBISMUR e a Deputación da Coruña para achegar á veciñanza información e recursos para identificar, previr e combater as violencias machistas.
“Porque fronte á violencia machista, a resposta ten que ser colectiva”, informou o Concello.






