
Este sábado 28 comezan as Festas do Santo André de Cures (Boiro), que comezan con celebracións en clave popular e festeira e esténdense ata ben entrada a semana que vén, ata o xoves 3 de decembro con diversos actos relixiosos na honra de Santo André (o luns 30), de San Roque (o martes 1), a Santa Lucía (o mércores 2) e a San Blas (o xoves 3).
As celebracións arrincan cun xantar popular con carba e con polbeiros da man de Lito Mambís. Pola tarde haberá sesión vermú con tardeo amenizado con DJ.
O luns estará adicado ao patrón San Andrés (Santo André), con misa cantada na súa honra ás 12.00 horas na igrexa parroquial seguida de procesión acompañada de gaiteiros.
Organiza a veciñanza de Cures coa colaboración do Concello de Boiro.




