Pobra repartirá 6.200 euros en premios diarios para impulsar o comercio local este Nadal

24 Novembro 2026
  • A campaña «Caramiñas na Pobra» conta coa adhesión de 41 establecementos de diversos sectores e desenvolverase ao longo de todo o mes de decembro.
  • O certame sorteará cada día 200 euros en moeda local a través de Instagram entre as persoas que compartan fotografías dos escaparates ou da decoración navideña dos negocios participantes.

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou este martes a nova edición da campaña de Nadal «Caramiñas na Pobra», unha iniciativa destinada a dinamizar o tecido empresarial da vila e incentivar o consumo de proximidade durante as festas. Nesta ocasión, a proposta suma un total de 41 establecementos adheridos de sectores tan variados como o téxtil, a moblaría, a beleza ou os servizos.

O acto de presentación celebrouse no establecemento Mi barquito de papel, un dos locais participantes, e estivo encabezado pola concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, xunto coa técnica municipal da área, Sara Sánchez. Durante a súa intervención, Cerecedo puxo en valor a implicación do empresariado local e destacou que o obxectivo da campaña é crear comunidade e lograr que o ambiente festivo se traslade ás rúas, aos escaparates e ao interior dos negocios da localidade.

Sorteos diarios de 200 euros en Instagram

O eixo central da programación será o sorteo «Descobre as Caramiñas da Pobra e comparte o teu Nadal», que estará activo entre o 1 e o 31 de decembro a través da rede social Instagram. Segundo explicou Sara Sánchez, o certame outorgará un premio diario de 200 euros en Caramiñas —a moeda local que só pode trocarse nos comercios adheridos á iniciativa—, o que eleva o investimento total en premios ata os 6.200 euros.

A participación será totalmente gratuíta e non estará suxeita á realización de compras previas, permitíndose unha participación por persoa cada día. Como novidade desta edición, as imaxes deberanse centrar nos propios negocios, nos seus escaparates ou na decoración de Nadal, co fin de dar protagonismo á ambientación comercial. Para entrar no sorteo, as persoas interesadas deberán seguir tres pasos:

  • Facer unha fotografía nun dos 41 comercios participantes.
  • Publicar a imaxe nas stories do seu perfil persoal de Instagram.
  • Mencionar a conta oficial da campaña (@caraminhasnapobra).

A iniciativa completarase con outras accións de dinamización económica ao longo das festas. Desde o goberno local agradeceron a colaboración dos establecementos implicados e fixeron un chamamento tanto á veciñanza como aos visitantes para que descubran a oferta comercial da Pobra e aposten polo pequeno comercio nas súas compras de Nadal.

Outros artigos

“A man que dispara”. Xosé Antonio Silva

Lucia e Jason son unha parella de noivos que rouba, atraca, dispara, consome drogas e escapa da policía por unha cidade imaxinaria moi parecida a Miami. Son os protagonistas da sexta entrega do videoxogo Grand Theft Auto, o GTA, que vén de chegar ás tendas e, segundo...

+

A presidenta de Portos reúnese coa directiva do Club Náutico de Muros

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva do Club Náutico de Muros, que preside Francisco Barreiros. Esta é a primeira xuntanza institucional da presidenta do ente público coa entidade, de recente creación. No...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...