O responsábel de Deportes da Deputación coñece o traballo de base do fútbol sala e do voleibol en Noia

23 Novembro 2026

O responsábel de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o alcalde de Noia, Francisco Pérez, visitaron ao Noia Portus Apostoli e o Club Voleibol Noia. Nos encontros, os representantes dos dous clubs trasladáronlles as súas inquedanzas e explicáronlles como acompañan a rapazada desde os primeiros adestramentos ata a categoría xuvenil.

No fútbol sala, o Noia Portus Apostoli desenvolve o seu traballo de base a través da Escola Noiesa, que conta con equipos desde a categoría prebenxamín ata a xuvenil. Os nenos e nenas poden así iniciarse neste deporte e pasar dunha categoría á seguinte dentro do mesmo club, co primeiro equipo como referente próximo.

O Club Voleibol Noia leva máis de tres décadas formando deportistas na vila. As rapazas son ampla maioría nos seus equipos de base, que abranguen desde a categoría benxamín ata a xuvenil. A entidade conta tamén cun equipo sénior feminino e outro masculino, que dan continuidade á práctica do voleibol máis alá da etapa de formación.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.