Padrón prende o Nadal cunha iluminación que sorprendeu a centos de persoas

23 Novembro 2026

Padrón converteuse este domingo no primeiro municipio da comarca de Compostela en acender a luces de Nadal, nun acto que sorprendeu a centos de persoas. Unha iluminación que este ano conta con novos elementos de decoración, 200.000 luces LED, 1 quilómetro de teitos luminosos no casco urbano e que volveu contar coa colaboración do empresariado local. Máis dunha ducia de empresas aportan 23.000 euros para converter Padrón nun punto de atracción turístico deste Nadal en Galicia.

As rúas do centro histórico enchéronse de xente para dar a benvida ao Nadal e gozar coa ruada de Boneca Lareta Magic Brothers. Os bonecos inchábeis saudaron e animaron a bailar a todo o mundo ao ritmo da música da charanga El Tattoo. Tal era o ambiente en Padrón que decidiron percorrer dúas veces as rúas da vila.

Praza de Macías

A temática musical na praza de Macías sorprendeu a cativada. Moitos nenos e nenas achegáronse a tocar o piano, o contrabaixo ou a arpa que, xunto cun gramófono, iluminan a praza. A estrela de Belén en Fondo de Vila, o reno xigante na praza Ramón Tojo e a comitiva dos Reis Magos diante da Casa Consistorial son algunhas das novidades da iluminación, que mantén a aldea de Nadal (na rúa Real) e a oficina máxica de Correos na praza de Baltar.

Este ano o Concello volveu confiar en Iluminaciones Santiaguesas para “facer de Padrón un referente do Nadal en Galicia. Queremos que moita xente veña visitarnos e que merque no comercio e na hostalería local”, asegura a concelleira de Turismo.

Praza de Macías

Chus Campos lembrou que este ano foron colocadas 200.000 luces LED en todo o municipio e, ademais, instalouse un quilómetro de teitos luminosos polas rúas do casco urbano. Tanto no casco urbano como nas zonas rurais puxéronse 120 arcos e ilumináronse 50 árbores “para que todos os padroneses e padronesas poidan gozar do Nadal”, engadiu.

Pola súa banda, o alcalde, Anxo Arca, volveu agradecer a implicación dos empresarios locais co Concello. Máis dunha ducia de empresas aportan este ano uns 23.000 euros para axudar a sufragar o custo da iluminación e poder ampliar os espazos decorados tanto no casco urbano como no rural.

Praza de Macías

As empresas que participan nesta iniciativa son, entre outras, Cortizo, Hotel Scala, Finsa, Grúas Estación, Elatisnor, Mármoles Orosa, Élite, Codega, Jardimaq, Tecven, Construcciones Sobrerrivas e Agroxardín.

“Un ano máis vemos como a colaboración público privada beneficia a toda a cidadanía e permite reforzar en Parón iniciativas que dende o Concello propoñemos ás empresas da contorna”, sinalou o alcalde, Anxo Arca, que destacou as numerosas felicitacións que recibiu pola decoración de Nadal.

Outros artigos

Comezan os obradoiros sostíbeis de Nadal no municipio ribeirense

Obradoiros en Carreira Ribeira iniciou na fin de semana os obradoiros sostíbeis de Nadal coa súa impartición nas parroquias de Palmeira, Carreira e Castiñeiras, onde "houbo gran éxito de participación", segundo destacaron os concelleiros Víctor Reiriz e Emilio Pérez,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.