As bibliotecas presumen de concellos a través de #biblioveranengalicia

23 Xuño 2020

Malia todas as cousas negativas, que foron moitas, o Estado de Alarma e o confinamento serviron unha vez máis para poñer os libros onde se merecen, no lugar onde poríamos os salvavidas fronte a adversidade. Isto tamén é aplicábel ás nosas bibliotecas municipais que, malia ter as portas pechadas, proseguiron a súa actividade achegándonos lecturas virtuais, relatos orais a través das redes e, por suposto, folgos literarios. O traballo online despregado polas bibliotecas durante a emerxencia sanitaria creou fortes ligazóns coa cidadanía pero tamén entre elas. Aproveitando estes lazos, este 23 de xuño comeza unha nova colaboración entre as #bibliotecasmunicipais de Galicia, co fin de ofrecer ás persoas usuarios da rede novas propostas conxuntas.

Segundo nos contan dende a Biblioteca de Rianxo, un dos grandes referentes da actividade bibliotecaria en tempos de COVID, todos os días (de luns a venres) ás 12:00 h. haberá unha publicación co cancelo #biblioveranengalicia co que cada biblioteca participante dará a coñecer as características máis representativas do seu concello a través dos libros. “Con esta iniciativa queremos promover o turismo pola nosa terra durante este verán, animando a coñecer todos os recunchos que aínda nos quedan por descubrir”, explican no manifesto conxunto da iniciativa, que é, un xeito moi acaído de resumir e explicar a esencia dun territorio concreto, a historia, a xente, a paisaxe e a natureza do concello onde vivimos, a través dos libros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.