En Ribeira e Pobra sen cambios nos 9 positivos

22 Xuño 2020

O foco con nove casos positivos de COVID-19 nos concellos de Ribeira e A Pobra do que lles informamos onte en O Barbanza, manteñense sen cambios tras obter 74 PCR negativos entre contactos identificados, mentres oito probas están pendentes de resultado.

Segundo informa Sanidade a plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica detectou esta fin de semana a aparición de nove casos positivos de coronavirus con posible orixe nun caso importado de Brasil que chegou a Galicia a principios de xuño.

Os nove casos positivos todos pertencentes á mesma familia presentan sintomatoloxía leve e non necesitaron hospitalización pero están obrigados a gardar corentena durante dúas semanas.

No que respeta o resto do pais a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 343, deles 110 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 339 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.535 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 166.574.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.