9 CASOS POSITIVOS DA COVID-19 EN RIBEIRA E A POBRA

21 Xuño 2020

Todos os afectados presentan síntomas leves e están illados, mentres que outros contactos estreitos permanecen en corentena

A Consellería de Sanidade informou esta tarde  que a Plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica detectou a aparición de 9 caso positivos en coronavirus na comarca do Barbanza, con posible orixe nun caso importado de Brasil que chegou a Galicia a principios de xuño.

 O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, e o director xeral de Saúde Publica, Andrés Paz-Ares, compareceron na sede do departamento galego de Sanidade para informar da detección de 9 casos positivos de coronavirus nas localidades de Ribeira e a Pobra do Caramiñal.

 Fernández Campa iniciou a súa intervención sinalando que a posible orixe destes contaxios pode ser un caso importado desde o Brasil que actuou como vector de contaxio sobre un familiar que deu o primeiro positivo. Durante a súa intervención, o xerente do Sergas subliñou que desde o momento no que Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, o pasado venres, a Plataforma de control e vixilancia epidemiolóxica activou o seu protocolo de seguimento, realizándolle probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo. 

Así, detectou un total de 9 casos positivos -8 en Ribeira e 1 na Pobra do Caramiñal-, ademais de confirmar 15 casos negativos mediante probas serolóxicas. Fernández Campa explicou que os 9 casos positivos presentaron sintomatoloxía leve e que non precisaron hospitalización, mais teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Centro de Saúde de Ribeira

Do mesmo xeito, as 15 persoas cuxas probas deron resultado negativo, permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de vixilancia epidemiolóxica. Así mesmo, apuntou que as nove persoas cuxas PCR obtiveron resultado positivo, pertencen ao círculo familiar e de amizade da familia en que se rexistrou o primeiro casos.

 O xerente do Sergas, destacou o correcto funcionamento da Plataforma de rastrexo, e lembrou á poboación galega a necesidade de continuar aplicando as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, pondo especial énfase  na necesidade de empregar sempre as máscaras, naqueles espazos onde non é posible gardar a distancia de seguridade social.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...