O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición para o campamento de conciliación do Nadal 2026

20 Novembro 2026

O Concello de Boiro abre este luns 23 de novembro o prazo de inscrición para participar no Campamento de Conciliación do Nadal 2026. O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de decembro mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.

Este servizo está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos escolarizados, co obxectivo de “facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexíbeis axustado ás súas necesidade e ofrecer unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre; con actividades baseadas en técnicas de intervención participativas e activas, fomentando a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas”, segundo informou o Concello.

O campamento desenvolverase entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro (agás sábados, domingos e festivos), en horario de 8.00 ou 10.00 ata as 14.00 horas, xa que se flexibiliza a hora de entrada para facilitar a conciliación. O custe da actividade será de 70 euros para o horario de 8.00 a 14.00 horas e de 50 euros para o horario de 10.00 a 14.00 horas, con descontos para varios irmáns e tamén para casos de exclusión social.

O número de prazas está limitado a 50 e os criterios de selección serán segundo orde de entrada, estar empadroado no concello de Boiro e a ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais. Unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos e pasado o prazo de reclamacións, os participantes deberán aboar a taxa correspondente para formalizar a matrícula.

As bases de participación e toda a documentación da inscrición está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.