O Concello de Ribeira repartirá máis de 2.600 euros en premios nos concursos de embelecemento de Nadal

19 Novembro 2026

O Nadal xa se achega e o Concello de Ribeira convoca unha nova edición dos concursos de embelecemento nas modalidades de decoración de fachadas, balcóns e xardíns; decoración de establecementos comerciais; e decoración de establecementos hostaleiros.

Trátase dunha actividade cun dobre obxectivo: por unha parte, favorecer, poñer en valor, incentivar e dinamizar a participación do tecido económico do municipio (hostalería e comercio) na celebración destas datas mediante a decoración dos seus negocios para promover así as compras e consumo de proximidade e, pola outra, animar á cidadanía a ornamentar as súas vivendas nestas festas.

“Un ano máis queremos alentar o espírito propio desta época de compartir facendo que os nosos veciños e veciñas engalanen o exterior das súas vivendas para ter unha rúas máis vistosas e complementar así a iluminación que colocamos dende o Concello de Ribeira na vía pública”, explicou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Pola súa banda, a súa homóloga de Promoción Económica, Carmen Pérez, destacou que estes concursos nacen tamén coa vontade de “implicar ao tecido comercial e hostaleiro, o cal repercutirá na dinamización social e económica do municipio nestas datas e, a compra dos premios tamén se fará no comercio local, polo que este certame ten un dobre impacto positivo”.

Repartiranse un total de 2.620 euros en premios baixo o formato de cestas con produtos de Nadal. No que respecta á categoría de decoración de fachadas, balcóns e xardíns, entregaranse un total de 9 distincións, unha por parroquia, por valor de 200 euros cada unha.

En canto ás modalidades de decoración de establecementos comerciais e hostaleiros, outorgaranse un total de 4 recompensas, distribuídos en dous galardóns por categoría: dous primeiros de 250 euros e dous segundos de 160 euros. A decoración deberá estar exposta dende o 17 de decembro de 2026 ata o 6 de xaneiro de 2027, ámbolos dous días incluídos.

Inscrición no certame

Disponse ata o 17 de decembro para inscribirse no certame enviando o documento de participación cuberto e un máximo de tres fotografías cos domicilios engalanados.

No caso da modalidade de fachadas balcóns e xardíns, poderase enviar tamén, de xeito opcional, un vídeo cun tempo máximo de 15 segundos para os domicilios.

Para a modalidade de fachadas, balcóns e xardíns habilítase o enderezo electrónico culturaefestexos@ribeira.gal, mentres que o comercio e a hostalería formalizarán o trámite en comercio@ribeira.gal ou no Whatsapp do teléfono 686 587 000, ademais da ficha de participación debidamente cuberta.

A decisión do xurado darase a coñecer na última semana do mes de decembro.

Outros artigos

O Concello de Boiro elixe novo xuíz/a de paz titular

O Concello de Boiro realiza unha convocatoria pública para a elección de xuíz/a de paz titular. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende este xoves 19 de novembro e por un período de 10 días hábiles. Segundo se fai saber nas bases da convocatoria,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.