
A OPP83 Cooperativa Santa Uxía de Ribeira (OPP83 Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira) levará a cabo este venres 20 de novembro una actividade educativa no CPR Plurilingüe A Milagrosa – Josefa Sobrido, na parroquia de Oleiros, co obxectivo de achegar aos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria o coñecemento das especies pesqueiras e a importancia de incorporar o peixe a unha alimentación saudable
A xornada contará coa realización de dúas accións: un rosco mariñeiro, na que o alumnado terá que poñer a proba os seus coñecementos sobre especies pesqueiras e as súas propiedades nutricionais; e un obradoiro de cociña, na que aprenderán a preparar un roliño da marca Lirio de Ribeira.
Esta iniciativa, que está incluída no PPeC 2026 da OPP83 e conta con financiamento da Xunta de Galicia e o FEMPA, desenvolverase entre as 9.30h e as 13.00h.
Os medios de comunicación están convocados para as 12.00h, momento no que poderán coñecer de primeira man o desenvolvemento da xornada por parte de representantes da OPP83.
Datos da cita
• Data: Venres, 20 de novembro de 2026.
• Horario da actividade: De 09:00 a 13:00 h.
• Convocatoria aos medios: 12:00 h.
• Lugar: CPR Plurilingüe A Milagrosa – Josefa Sobrido. Rúa da Gándara, 8, Oleiros, 15993 Ribeira (A Coruña).
• Organiza: OPP83 – Cooperativa Santa Uxía de Ribeira.



