O Son inaugura a exposición Mulleres e Mar, no marco do 25N

18 Novembro 2026

Este martes 17 de novembro celebrouse no Son (Museo Marea) a inauguración da exposición Mulleres e Mar, impulsada por Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia dentro do proxecto Elas Deciden e no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Ao acto inaugural acudiu o alcalde, Luis Oujo, acompañado por membros do Goberno local.

Esta iniciativa promove a cooperación entre mulleres do mar de Galicia e do Salvador, dando visibilidade ás súas historias, experiencias e traxectorias.

Nesta edición, o proxecto contou coa participación das redeiras de Porto do Son-Portosín, coas que se traballou na recuperación da memoria das súas asociacións mediante fotografías, gravacións sonoras, creación dun mural artístico e cianotipias.

Trátase dunha “proposta que busca recoñecer o traballo das mulleres do mar e dar voz ás súas vivencias”, informaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.