A 3ª edición do concurso de relatos breves Ecos da Mente (A Creba) xa ten gañadores

18 Novembro 2026

Ribeira entregou hoxe os premios da terceira edición do concurso de relatos breves Ecos da Mente, impulsado pola Asociación A Creba coa colaboración do Concello. A vontade deste certame é dar visibilidade á saúde mental e eliminar os estigmas sobre esta realidade a través da escrita e, nesta convocatoria, a temática centrouse nos prexuízos arredor dos problemas de saúde mental: como nos afecta ter ideas preconcibidas sobre os problemas de saúde mental, como os vemos na sociedade, que efecto ten xulgar ás persoas porque teñen enfermidades mentais, etcétera.

Emilio Fernández de Sanmamed alzouse co galardón na categoría adulta con O círculo; Melina Santamaría fixo o propio con A cara oculta da Lúa, na xuvenil; Silvia Pouso e Catro amigas, na adolescente; e Zaira Nieto con Renacer violeta, na diversa.

Repartíronse así un total de 480 euros en distincións (unha única recompensa de 120 euros por modalidade) en formato de vales de compra para trocar no comercio local.

Na entrega dos galardóns participou a concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez, quen destacou a calidade dos traballos presentados e o impacto de iniciativas desta índole que “empregan unha poderosa ferramenta como é a palabra para cambiar a realidade a mellor e derrubar tabús existentes hoxe en día arredor da saúde mental. E, ademais, este concurso tamén redunda positivamente no noso tecido comercial, pois os premios son vales de compra a trocar nos negocios locais, tamén importante antes do inicio da campaña de Nadal para xa ir dinamizando economicamente o municipio”.

A edil tamén estivo acompañada da súa homóloga de Educación, Nucha Brión.

O xurado estivo composto por tres persoas con coñecementos en materia e literatura: Alicia Padín, Raquel Hernández e Jesús Figueira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que la información fluya”. José Castro López

“Que la información fluya”. José Castro López

En el fútbol se producen lances del juego en los que la decisión del árbitro acabafavoreciendo al infractor cuando la aplicación estricta del reglamento detiene una acciónmuy prometedora del equipo atacante o permite que el equipo que cometió la falta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.