Rematado o prazo de presentación de solicitudes resultaron ser 225 o número de cacharelas solicitadas para a noite de San Xóan.
Cómpre lembrar que a raíz do covid-19 este ano prohibiuse a celebración de fogueiras en solo público municipal, así como en áreas de xestión municipal e praias, permitíndose unicamente en terreos particulares enclavados en solo urbano (núcleos urbanos) ou solo de núcleo rural (núcleos rurais).
Medidas preventivas
Estas cacharelas deberán ser realizadas na franxa temporal comprendida entre as 18 horas do 23 de xuño e as 6 horas do día seguinte, e sempre cunhas medidas preventivas, tales como a realización dunha devasa mediante eliminación manual ou mecánica polo menos de cinco metros rodeando o perímetro que se vai queimar; así como ter a man medios axeitados para a extinción do lume. Non está permitido prender lume pretos de masas forestais o matogueiras (50 metros de distancia mínima) nin a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico, instalación de calquera tipo ou vehículo.
O montón de materiais que formen a cacharela non poderá exceder o metro de altura.
Comezan as obras de pavimentación e instalación de pluviais no acceso a San Alberto por preto de 80.000 euros
Esta semana deron comezo en Ribeira as obras de asfaltado da vía de acceso á zona de San Alberto e instalación dun tramo de rede de pluviais. Así mesmo, renovarase o pavimento da beirarrúa de formigón existente no cruce coa avenida Ramiro Carregal. Ata o lugar...



