O Concello de Ribeira e Alecrín activan unha formación en baile deportivo

18 Novembro 2026

Dende o luns, 16 de novembro e ata o 3 de decembro do presente ano a Asociación Cultural Taller Alecrín en colaboración ca Concellería de Educación de Ribeira desenvolven a iniciativa de formación e dinamización Xoga ao Baile Deportivo, promoción orientada a escolares de Primaria que ten por obxectivo dar a coñecer os dez bailes que abranguen as modalidades de baile en parella: estándar e latino como parte da programación da materia de Educación Física en relación coa expresión corporal e o ritmo.

Nesta primeira edición sumáronse á proposta o CEIP de Artes, o CEP de Carreira,  o CEIP de Frións,  o CEIP O Grupo de Ribeira máis o CEIP de Palmeira e nela está prevista a participación de preto de douscentos escolares de 4º de Primaria baixo a dirección técnica e pedagóxica de Francisco Muñiz, mestre e adestrador de baile deportivo, bailarín e coreógrafo.

Valse Inglés e Valse Vienés como Bailes Estándar máis Rumba e Cha-cha-chá como Bailes Latinos serán as materias que se poderán practicar nesta primeira unidade que rematará cun pequeno simulacro de competición. Esta será a primeira das tres unidades que a Asociación ten pensado desenvolver no futuro ata completar o ciclo cos 10 bailes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.