Boiro acolle a proxección (este domingo) do documental Ao son da nova regueifa

18 Novembro 2026
Participantes no documental nunha imaxe de Aigi Boga

Esta fin de semana prosegue en Boiro o Ciclo de Cinema Mestre Mateo, a través do cal proxéctanse as longametraxes galegas máis destacadas do cinema recente (distinguidas pola Academia Galega do Audiovisual). Desta volta é a quenda do documental Ao son da nova regueifa. Proxectarase o domingo 22 de novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro.

Sinopse

Todo comeza cunha busca, a da nova regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.

Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversidade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…

A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.

Ficha do documental

Dirección: Manolo Maseda e Saúl Rivas

Produción executiva: Xosé A. Touriñán, Manolo Maseda, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa

Guión: Manolo Maseda e Saúl Rivas

Realización: Jairo Iglesias

Operadores de cámara: Jairo Iglesias e Adolfo Fernández

Edición: Jairo Iglesias e Iria Martínez

Son en directo: Alberto Blanco, Borja Freire e Pablo Vidal

Posprodución de son: Santi Jul e Iván Laxe

Música orixinal: Antía Ameixeiras (violín), Olaya Liñares (clarinete), Richi Casás (saxofón), Manu Paino (trompeta), Manolo Maseda (acordeón)

Música cedida: Caamaño & Ameixeiras, Sés, A Orquestra Bravú Xangai, O Sonoro Maxín, Peter Petrowsky, Alba María

Dirección de produción: Laura Canto

Xefatura de produción: Miguel Vázquez

Equipo de produción: Lucía Pallín, Alba Gilda e Brais Alvarellos

Fotografía: Aigi Boga

Outros artigos

En Muros, aberto o prazo de inscrición dos Campamentos de Nadal

As concellerías de Ensino e Muller do Concello de Muros abriron o prazo de preinscrición nos Campamentos de Nadal ata as 14:00h do venres 27 de novembro. A solicitude de preinscrición farase presentando o formulario electrónico habilitado a través do rexistro na sede...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tres mestres” – Xulio Xiz

“Tres mestres” – Xulio Xiz

Moitas veces teño pensado na vida que terei perdido por non ser mestre, como era a miña intención cando en Vilalba estudaba a única carreira posible, como non fose acudir ao Seminario. Levoume o vento cara á cultura e a información, e non me pesa, aínda que teño...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.