Ruth Beltrán expón Madeiras do Mar no Lustres Rivas de Ribeira ao abeiro da programación do Outono Cultural

16 Novembro 2026

Ribeira segue desfrutando de diferentes disciplinas artísticas ao abeiro do Outono Cultural, polo que o Centro Culturas Lustres Rivas acollerá unha nova exposición: Madeiras do Mar, de Ruth Beltrán.

A apertura será este venres 20 de novembro, ás 20.00 horas, na propia instalación municipal.

Esta mostra itinerante forma parte de Madeira Zombi; un proxecto co que a autora combina fotografía, artesanía e etnografía transferindo imaxes a madeiras arruinadas e abandonadas para dotalas dunha nova vida, converxendo así o relato da propia instantánea e a do pasado do soporte. Deste xeito, as madeiras volven á vida cargadas de novos significados.

A tradición mariñeira non se constata só no que amosan as fotografías, senón tamén en que tódalas madeiras foron recollidas nas praias e nas rochas. En Ribeira amosaranse medio cento de obras e algunhas das pezas recordan a traxedia do Santa Isabel e o pasado da illa de Sálvora.

O Outono Cultural continúa ata principios de decembro coa celebración de Santa Icía (concerto de A Misela de Noia no 21 de novembro, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal; e concerto da Coral Polifónica Municipal de Ribeira no 22 de novembro, ás 13.15 horas, na igrexa de Palmeira); o II Ciclo de Contadas de Humor en colaboración coa Asociación Francisco Lorenzo Mariño (con Contos de defuntos (e outros asuntos), da man de Brais das Hortas, no 21 de novembro, ás 20.00 horas; e con Murmuraban as miñas veciñas, de Dani Blanco, no 28 de novembro, ás 20.00 horas; todas elas na Casa do Mar de Aguiño); e o festival Charity Christmas de Kids&Us a favor da Fundación Andrea no 6 de decembro, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal.

Outros artigos

A Pobra celebra Santa Icía cun concerto solidario no Teatro-Cine Elma

O Teatro-Cine Elma acollerá o vindeiro sábado, 21 de novembro, o Concerto Solidario de Santa Icía 2026, unha iniciativa que combinará música e solidariedade con motivo da festividade da patroa das persoas músicas. A cita comezará ás 18.00 horas e contará coa...

+

En Outes o Concello argallou unha gran festa para dar a benvida a 2027

O Concello de Outes comezou a achegar detalles do seu programa de actividades de Nadal. En concreto, compartiu información sobre a festa da Noite Vella en Outes, que será en palabras do Goberno local, “unha cita inesquecíbel para darlle a benvida ao novo ano xuntos,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.