O VI Open Internacional de Spinning de Corrubedo aspira a reunir 160 afeccionados á pesca deportiva

13 Novembro 2026

O litoral da parroquia ribeirense de Corrubedo volverá ser escenario do Open Internacional de Spinning que aspira a reunir na súa sexta edición a 160 afeccionados á pesca deportiva nunha técnica que emprega un cebo artificial para atraer a peixes depredadores, na que se lanza e se recolle a isca continuamente, imitando o movemento dunha presa.

Este torneo desenvolverase no sábado, 28 de novembro, en horario de mañá, no tramo de costa comprendido entre a praia do río Sieira e Couso. En caso de mal tempo, buscarase o resgardo da ría entre Couso e a praia da Corna, segundo apunta o directivo de Spinning Galicia, Ramón Crujeiras, coñecido como Portas.

A xuízo do concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, con esta proba “seguimos explorando o noso carácter mariñeiro a través dunha disciplina que cada vez vai gañando máis adeptos e que nos permite desfrutar da nosa costa en condicións de seguridade, polo que contaremos coa colaboración do GAEM e da Policía local”. Ademais, engadiu, “poderemos identificar distintas especies que proliferan neste anaco de océano Atlántico, onde as augas aínda non atopan o acougo da ría de Arousa como robalizas, sargos ou pintos”.

Pola súa parte, o edil de Deportes, Álex Vidal, considera que “con este Open desfrutaremos do noso litoral durante o outono nun ambiente onde converxen a práctica deportiva vinculada ao eido marítimo e a paisaxe, ao tempo que se dá a coñecer o spinning“.

Repartiranse premios entre as distintas categorías e as capturas entregaranse a Cáritas Ribeira para destinar ás persoas en situación de vulnerabilidade.

Outros artigos

O PSdeG reivindica en Boiro a formación e o emprego de calidade

O PSdeG-PSOE realizou este venres unha visita ao Viveiro de Empresas e ao Coworking LabBarbanza, situados no parque empresarial Espiñeira, en Boiro, para coñecer as instalacións e os programas de formación e apoio ao emprego que se desenvolven neste espazo. Durante a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

Han abandonado este mundo en contra de su voluntad, en momentos en que esperarían que su viaje transcurriera según los cánones, de suerte que llegaran a buen término. Sin embargo, no ha sido así, debido a que los responsables nacionales de los transportes no habían...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.