As Aulas da Saúde de Noia poñen o foco na equidade de xénero (o vindeiro mércores 18)

13 Novembro 2026

O vindeiro mércores 18 de novembro o Coliseo Noela acollerá unha nova cita das Aulas da Saúde de Noia, nesta ocasión baixo o título Equidade de xénero: outras caras da saúde. A actividade comezará ás 20.00 horas coa proxección de Matria, unha curtametraxe do director galego Álvaro Gago que nos achega á realidade dunha muller traballadora e ás dificultades do seu día a día.

A continuación, haberá unha conversa con Inés Fernández de Córdoba, médica de familia, para reflexionar sobre a equidade de xénero e a importancia dos coidados, do traballo e das condicións de vida na nosa saúde.

A cita será o mércores 18 ás 20.00 no Coliseo Noela.

Trátase dunha actividade impulsada polo Servizo de Atención Primaria de Noia, coa colaboración do Concello de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

“Un funeral por muertos en España”. José Fernández Lago

Han abandonado este mundo en contra de su voluntad, en momentos en que esperarían que su viaje transcurriera según los cánones, de suerte que llegaran a buen término. Sin embargo, no ha sido así, debido a que los responsables nacionales de los transportes no habían...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.