O Rapants Club vaise de xira por seis salas españolas

12 Novembro 2026

A banda muradá The Rapants anunciou as seis primeiras datas da xira de salas coa que levará o seu cuarto LP (Rapants Club) por toda España en 2027. O percorrido arrancará o 8 de xaneiro na sala La López de Zaragoza, dentro do ciclo Inverfest, e pasará por Bilbao, Xixón, Granada e Málaga antes de pechar este primeiro tramo o 6 de febreiro no Fun Club de Sevilla.

Rapants Club viu a luz en marzo de 2026 e estreouse ao vivo diante de 6.000 persoas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. Desde aquela, o cuarteto percorreu os principais festivais e festas de Galicia e levou o seu directo “sen descanso” a citas como Sound Isidro (Madrid), Sonorama (Aranda de Duero) ou Arrecife en Vivo (Lanzarote).
 
 Foi un ano redondo que a industria musical galega vén de recoñecer. O pasado 3 de novembro, na Sala Capitol de Santiago, os Premios Palco elixiron a The Rapants como Artista do Ano 2026. A banda e o seu equipo levaron ademais outros tres galardóns: Mellor Videoclip, por Non Sei Como (Juan Barbazán, Sergio Goce e Manuel Seoane), Mellor Implementación de Son, para Ricardo Barroso, e Mellor Mánager, para Álvaro Creo (Off Stage). Estes premios súmanse ao Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego que acadou en 2025 La máquina del buen rollo.

Co seu anterior disco, The Rapants xa pisou escenarios de Bilbao, Xixón, Zaragoza e Málaga. Agora volve a esas cidades cun novo repertorio e repite cos ciclos que o acolleron na anterior xira: Inverfest en Zaragoza e Negufest en Bilbao. Granada e Sevilla, pola súa banda, vivirán por primeira vez unha festa rapante.
 
Nas salas soarán os doce temas de Rapants Club, un álbum producido por Anxo Ferreira, Raúl Pérez e Miguel León no que a banda abraza a música disco, a electrónica e os ritmos latinos sen perder as guitarras frenéticas e os retrousos pegadizos que a definen. O disco conta coas voces de Joe Crepúsculo, Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras) e Sara Faro (Fillas de Cassandra), e inclúe himnos xa coñecidos polo público como Viaxei, Non Sei Como ou Sin Medo. Por suposto, non faltarán os grandes éxitos da traxectoria do grupo.

Rapants Club · Xira de salas 2027

Venres 8 de xaneiro: Zaragoza · La López (Inverfest)

Venres 15 de xaneiro: Bilbao · Kafe Antzokia (Negufest)

Sábado 16 de xaneiro: Xixón · Teatro Albéniz

Xoves 4 de febreiro: Granada · Taberna J&J

Venres 5 de febreiro: Málaga · Sala Marte

Sábado 6 de febreiro: Sevilla · Fun Club

Outros artigos

A Asociación Ambar presenta o seu Calendario 2027 no Cine Teatro Elma

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional levou a cabo hoxe a presentación oficial do seu Calendario Solidario 2027 no Cine Teatro Elma da Pobra do Caramiñal. Unha nova edición dedicada ó mundo do cinema e que, novamente, “busca visibilizar o talento...

+

O PSdG cualifica de “éxito absoluto” a folga xeral

O deputado socialista e secretario xeral do PSdeG en Compostela, Aitor Bouza, valorou hoxe o “éxito absoluto” da folga xeral en Galicia deste mércores 11 de novembro e asegurou que a cidadanía díxolle a Feijóo “que non quere unha involución, que non quere que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.