O PSdG cualifica de “éxito absoluto” a folga xeral

12 Novembro 2026

O deputado socialista e secretario xeral do PSdeG en Compostela, Aitor Bouza, valorou hoxe o “éxito absoluto” da folga xeral en Galicia deste mércores 11 de novembro e asegurou que a cidadanía díxolle a Feijóo “que non quere unha involución, que non quere que se recorten dereitos e que non quere unha censura aos avances sociais”. “Os galegos e as galegas dixeron alto e claro que xa están fartos das mentiras do Partido Popular”, destacou.

Momentos antes dunha visita ao centro da asociación AGADEA en Santiago, na compaña do candidato ao Senado Sindo Guinarte; o candidato á alcaldía da cidade, Pedro Blanco, e outros cargos socialistas, Bouza condenou tamén o ataque que onte sufriu a sede da UXT en Vigo e trasladoulle ao sindicato a solidariedade do Partido Socialista. “O odio nunca vencerá”, dixo sobre uns ataques “que son froito tamén das mensaxes da dereita e da ultradereita”.

O deputado do PSdeG cargou contra a cobertura da xornada de folga por parte da TVG. Advertiu que os medios públicos se deben “á pluralidade, a transparencia e a democracia”, mais, ao contrario, a información que trasladaron sobre o 11N “foi unha absoluta vergoña”. Aitor Bouza cualificou de “denigrante” o trato que a televisión galega lle prestou a unha folga “exemplar e histórica”.

“Queremos pedir responsabilidades, que non poden ser outras que a dimisión inmediata da directora xeral da CRTVG, a actual CSAG”, reclamou despois dunha “actuación antidemocrática” que, ao seu xuízo, “o que demostra é o fío directo do Partido Popular coa CRTVG”.

Sindo Guinarte coincidiu na valoración positiva de Bouza respecto da folga, a través da que se defendían, tal como lembrou, o acceso á vivenda, salarios dignos e dereitos sociais. “Eses dereitos plásmanse en leis que se aproban nas Cortes Xerais, pero hai que gañalos moitas veces na rúa para que despois sexan os representantes públicos os que os leven ás normas”, salientou.

Por iso, defendeu que na campaña que comeza esta noite “non se dilucida unicamente unha alternancia, senón escoller entre manter os dereitos, o estado de benestar, as pensións, incrementar o salario mínimo, dotar as bolsas para a mocidade, defender ás mulleres fronte á violencia de xénero, entre todo iso, e a involución”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.