Santa Icía festexarase en Ribeira e Palmeira coa música de A Misela e a Coral Polifónica Municipal

11 Novembro 2026

O Concello de Ribeira celebrará a Santa Icía, patroa da música e dos profesionais que practican esta arte e que se conmemora cada 22 de novembro, con dous concertos enmarcados na programación municipal do Outono Cultural e que levará o son tamén a unha das parroquias co obxectivo de descentralizar a actividade cultural da cidade e levala a outros puntos do municipio.

Na presentación tomaron parte a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; Juan Insua e Juan Pérez, presidente e tesoureiro da asociación musical A Misela; e Alexandre Fontán, director da Coral Polifónica Municipal de Ribeira.

“Un ano máis enxalzamos a Santa Icía cun ciclo de concertos para facer desfrutar á cidadanía da música, nesta ocasión, cun grupo procedente de Noia e unha das nosas corais. Estas sesións forman parte da programación municipal do Outono Cultural coa que queremos seguir difundindo as distintas disciplinas artísticas e na que ten forte protagonismo a música tamén co concerto Anfibia por veces, de Antía Muíño; a función Retrincos, que mesturou música e teatro; e o festival solidario Charity Christmas, de Kids&Us a favor da Fundación Andrea”, en palabras da edil, quen tamén quixo agradecer a colaboración do párroco de Palmeira por posibilitar levar unha das actuacións ao interior do templo relixioso. Con relación a isto último, Barreiro anunciou que a intención é que os concertos vaian rotando polas distintas igrexas do termo municipal, iniciándose xa no ano pasado na de Santa Uxía.

O recoñecido grupo A Misela, que toma o seu nome dun banco de area da ría de Muros-Noia do que se extrae abundante berberecho, interpretará pezas de diferentes épocas no sábado, 21 de novembro, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal, con apertura de portas media hora antes da sesión. Os 15 integrantes, con representación de toda a comarca, farán soar cancións como Viento del Norte, Cartagenera e popurrís de Fuxan os Ventos e Los Tamara, entre outros.

E tamén haberá moito talento local da man da Coral Polifónica Municipal de Ribeira, cos seus 27 compoñentes e María Dolores Bretal como organista convidada, que estarán no domingo, 22 de novembro, ás 13.15 horas na igrexa de Palmeira. O repertorio céntrase na música sacra, dende a medieval dos séculos X e XI ata a máis contemporánea do XX, con temas tamén do Barroco e do Renacemento. Ademais, cara o concerto do Nadal, no mes de decembro botarán a andar a actividade Ensaios abertos, para que os veciños e veciñas poidan comprobar como se preparan para as súas actuacións.

A entrada a ámbolos concertos é gratuíta.

Outros artigos

A Asociación Ambar presenta o seu Calendario 2027 no Cine Teatro Elma

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional levou a cabo hoxe a presentación oficial do seu Calendario Solidario 2027 no Cine Teatro Elma da Pobra do Caramiñal. Unha nova edición dedicada ó mundo do cinema e que, novamente, “busca visibilizar o talento...

+

O Rapants Club vaise de xira por seis salas españolas

A banda muradá The Rapants anunciou as seis primeiras datas da xira de salas coa que levará o seu cuarto LP (Rapants Club) por toda España en 2027. O percorrido arrancará o 8 de xaneiro na sala La López de Zaragoza, dentro do ciclo Inverfest, e pasará por Bilbao,...

+

O PSdG cualifica de “éxito absoluto” a folga xeral

O deputado socialista e secretario xeral do PSdeG en Compostela, Aitor Bouza, valorou hoxe o “éxito absoluto” da folga xeral en Galicia deste mércores 11 de novembro e asegurou que a cidadanía díxolle a Feijóo “que non quere unha involución, que non quere que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.