O alumnado de Tahume XI fórmase en novas tecnoloxías

11 Novembro 2026

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos do Son e Ribeira, continúa avanzando na súa formación dixital tras rematar, recentemente, o módulo de Alfabetización Informática, impartido por Rebeca, técnica da Rede CeMIT impulsada pola axencia autonómica AMTEGA e os concellos galegos.

Esta formación, fundamental para adquirir e reforzar competencias dixitais, facilita o acceso autónomo ás ferramentas tecnolóxicas e mellora as posibilidades de desenvolvemento, tanto no eido laboral como na vida cotiá. Con estas xornadas de aprendizaxe, os alumnos e alumnas adquiren novas habilidades tecnolóxicas, que lles permite gañar autonomía, oportunidades e participación social.

O programa Tahume XI, que combina tanto formación teórica como práctica, ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade do alumnado, que recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e moble.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, as persoas participantes reciben formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibe formación específica para a súa preparación e obtención.

Tahume XI botou a andar no pasado mes de xuño cun total de 20 persoas participantes e combina formación teórica e práctica. O obxectivo é a mellora da empregabilidade das persoas dos concellos de Ribeira e O Porto do Son, onde o alumnado recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e moble. Durante nove meses asisten ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e Traballos de carpintería e moble.

A maiores da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

O dito obradoiro conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta iniciativa de emprego

Outros artigos

Belén do Campo comproba o funcionamento da nova varredora do Son

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron a acta de comprobación material do investimento da nova máquina varredora destinada a reforzar os labores de limpeza e recollida de residuos nas vías públicas do municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

Me gustaría, que las palabras fuesen sonoras, es decir que no las pronuncies con tu voz, que las lean tus ojos, y ellas explosionen como un parto y salgan a la vida, que sean sonoras, que hablen, que te hablen a ti en exclusiva. En el silencio se reflejan en tus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.