Festimaxia trae a Lousame aos ilusionistas Patri Zenner e Víctor Cerro (por partida dobre)

11 Novembro 2026

A décima edición do Festimaxia Lousame continúa esta fin de semana con dúas actuacións de primeira liña: dous espectáculos por partida dobre dos ilusionistas Patri Zenner e Víctor Cerro.

Patri Zenner acudirá co seu Encontro coas fadas, o sábado 14 e o domingo 15 de novembro, ás 12:00 horas. +4 anos.

Victor Cerro acudirá con La magia de Víctor Cerro, un espectáculo de “maxia, misterios e adrenalina”, o sábado 14 e o domingo 15 de novembro, ás 19:00 horas. +13 anos.

As entradas están dispoñíbeis en bandoticket.com.

A X edición do Festimaxia vén da man (novamente) do Concello de Lousame e este ano ofrece a maior oferta da súa historia: seis actuacións gratuítas de man de catro magos de prestixio como Joshua Kenneth, Víctor Cerro, Patri Zenner e o Mago Teto. Seis actuacións gratuítas que terán lugar durante as tres primeiras fins de semana de novembro na casa da cultura de Lousame.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, salientou na presentación (este 2 de novembro) que “para celebrar este décimo aniversario do Festimaxia, que se ten convertido en todo un referente cultural na comarca, quixemos dar un paso máis aló e ter a maior programación ata a fecha: seis actuacións en novembro con catro magos de recoñecido prestixio, incluso a nivel internacional”.

O rexedor puxo de manifesto “o esforzo que para un concello pequeno e rural como Lousame supón organizar un festival de este nivel”, sobre todo nesta edición na que non conta co apoio de ningunha outra administración.

Programación

O X Festimaxia Lousame inaugurouse o domingo 8 de novembro co espectáculo Degustación de imposibles, do ilusionista Joshua Kenneth.

O sábado 14 e o domingo 15 de novembro celébranse catro actuacións de maxia. Ás 12:00 horas, a maga Patri Zenner presentará o seu espectáculo Encuentro con las Hadas, dirixido a un público de mais de 4 anos.

Estes mesmos dous días, 14 e 15 de novembro, pero ás 19:00 horas, o mago Víctor Cerro presentará Un espectáculo de magia, misterios y adrenalina, unha sesión dirixida a un público de maior idade, de máis de 13 anos.

Finalmente, o Mago Teto pechará a décima edición do Festimaxia Lousame o sábado 21 de novembro, ás 19:00 horas, co seu espectáculo Pequenas grandes maxias, unha proposta “con xogos inéditos e que estou creando”, sinalou o propio Teto na presentación do certame en Lousame, destacando que “é unha forma de lembrar ao meu mestre Juan Tamariz, que hai dous meses desapareceu para aparecerse noutro lugar. Neste espectáculo, e por única vez, ofrecerei xogos e maxias que aprendín de Tamariz”.

Outros artigos

A serie Ágata y Lola chega á Mostra de Curtas Vila de Noia

Este venres 13 de novembro, ás 20:30 h, o Liceo de Noia acollerá unha proxección especial da serie de Atresmedia Ágata y Lola, dentro da programación da XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia. As entradas entregaranse este xoves 12 de 18:30 a 20:30 h e tamén ao remate da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

Me gustaría, que las palabras fuesen sonoras, es decir que no las pronuncies con tu voz, que las lean tus ojos, y ellas explosionen como un parto y salgan a la vida, que sean sonoras, que hablen, que te hablen a ti en exclusiva. En el silencio se reflejan en tus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.