
O Concello da Pobra do Caramiñal lamenta profundamente o falecemento de Xaquín del Valle-Inclán Alsina.
Neto do escritor Ramón María del Valle-Inclán, mantivo unha estreita vinculación coa nosa vila e colaborou na conservación do seu legado, facilitando a incorporación de diversas pezas do patrimonio familiar ao museo que leva o nome do autor. A súa achega contribuíu a enriquecer os fondos desta institución cultural e a manter viva a memoria do escritor.
O Concello expresa o seu máis sentido pésame á familia, amizades e persoas achegadas, así como o seu agradecemento pola implicación de Xaquín na preservación deste patrimonio.
Tamén o Museo Valle-Inclán de A Pobra amosou o pesar pola perda de Xaquín del Valle-Inclán, moi vinculado á institución.
Mestre, escritor, investigador, editor das obras completas do universal Ramón del Valle-Inclán, mantivo estreita vinculación afectiva, humana e profesional co Barbanza e, en especial, coa Vila de Pobra, sendo actor clave para a difusión e a conservación do seu legado familiar propio.
Atento, ilusionado, partícipe do facer memoria, dos valores profesionais e da democratización do coñecemento arredor do xenio e figura valleinclanianos que promove este Museo Valle-Inclán, foi protector en actos, obras e amores, e facilitador duns fondos patrimoniais únicos, exhibidos nesta institución cultural.
Exerceu con igual paixón e talento de persoeiro público que capitaneara, contra vento e marea, empeños por manter viva unha biografía crítica de don Ramón como o protagonismo literario que corresponde ao gran creador das letras. Dende esta vila da Pobra do Caramiñal cara Galicia e os pobos da Iberia, España, Portugal.
Gran persoa. Gran profesional. Grande amigo.
Que a terra che sexa leve.
Descansa en Paz.




