Amicos busca novos talentos da música con curso de picadiscos impartido por DJ Matrek

10 Novembro 2026

A asociación inclusiva Amicos pon en marcha en Boiro un curso de iniciación ao mundo da música electrónica e a mestura en directo. A formación, denominada Performance Musical e Mestura en Vivo, impartirase do 23 ao 27 de novembro no marco do programa Inserta2 Ribeira, coa colaboración do coñecido DJ Matrek.

As sesións desenvolveranse en Esencia DJ Academia Profesional, o espazo de formación de Matrek situado en Barraña, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Durante unha semana, un grupo reducido de participantes terá a oportunidade de familiarizarse cos equipos de son analóxicos e dixitais, aprender técnicas de mestura e ecualización, traballar a presenza escénica e coñecer como resolver posíbeis incidencias técnicas durante unha actuación.

Segundo informa Amicos, será “unha formación eminentemente práctica que busca achegar novas habilidades aos participantes e preparalos para dinamizar festas locais, centros cívicos, asociacións e actividades de ocio inclusivo”. Asemade, a gran proba final da formación será un concurso no que os participantes
poderán demostrar todo o aprendido. A persoa gañadora terá a oportunidade de pinchar música en directo xunto a DJ Matrek durante a novena edición do Festiritititi de Amicos, que se celebrará o vindeiro 3 de decembro.

Inscricións abertas

O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego, con discapacidade e/ou en risco de exclusión social que queiran ampliar as súas competencias e explorar novas oportunidades laborais.As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información ou inscribirse a través dos teléfonos 682 516 278 e 627 364 054, ou dos correos electrónicos inserta2@amicos.org e labora@amicos.org.

A iniciativa forma parte de Inserta2 Ribeira, un programa que combina orientación laboral, formación e acompañamento individualizado para favorecer a inclusión sociolaboral das persoas que atopan maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo. A través de propostas adaptadas ás súas capacidades e intereses, Amicos busca achegar novas ferramentas e oportunidades de futuro, conectando a formación coas posibilidades laborais da contorna.

Inserta2 Ribeira enmárcase no programa +Empleo, impulsado pola Fundación La Caixa e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.