UCIN Boiro pon en marcha unha canle oficial de WhatsApp para estar máis preto dos veciños

10 Novembro 2026

A agrupación cidadá UCIN Boiro puxo en marcha a súa canle oficial de WhatsApp, unha ferramenta coa que informará das súas actuacións, iniciativas, propostas e denuncias, e coa que as e os cidadáns poderán facerlle chegar as súas preocupacións de forma directa. Trátase dun espazo 100% privado: ninguén, nin os demais membros nin a propia formación, pode ver o número de teléfono nin os datos persoais de quen se une. Nel iranse publicando de forma directa as propostas, iniciativas e o traballo diario de UCIN Boiro polo municipio.

O coordinador da formación, Miguel Piqueras, explica que o obxectivo é manter un contacto permanente coa cidadanía: “Queremos que os veciños saiban que teñen en UCIN Boiro unha porta aberta. Non queremos ser un partido ao que soamente se acuda en momentos puntuais, senón unha formación presente no día a día”.

Piqueras sinala que “moitos veciños trasládannos problemas que levan tempo sen solución ou ideas para mellorar os seus barrios e parroquias, e nós queremos poñérllelo doado fácil, que teñan un medio directo para contactar connosco e que saiban que detrás de cada mensaxe hai persoas dispostas a escoitarlles”.

Desde a directiva engaden que a canle é unha forma de fortalecer a relación cos veciños: “A política municipal ten que facerse desde a rúa. Boiro non se constrúe desde un despacho, constrúese contando coa súa xente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.