O Camiño da Ría de Muros-Noia distinguido pola Vía Querinissima en Venecia

10 Novembro 2026

A Vía Querinissima, ruta cultural e turística transnacional que recrea, por mar e terra, a épica viaxe realizada entre 1431 e 1433 polo mercador e navegante veneciano Pietro Querini ten moita relación con Galicia, pois o territorio galego non é unha simple paraxe de paso, senón un dos puntos clave onde o propio Pietro Querini estivo en persoa en 1431, recalando en Muros e mesmo visitando Compostela para ver o sepulcro do Apóstolo. Atendendo a isto, distintas autoridades, asociacións e entidades dos dez países que conforman a Asociación Vía Querinissima veñen de declarar a Galicia como zona de toda Europa onde máis se están concretando iniciativas de tipo cultural e turístico respecto á Vía Querinissima. Este recoñecemento tivo lugar durante a conferencia internacional “Identidade, diálogo e perspectivas: unha viaxe europea entre a cidadanía e as institucións”, e cerimonia de presentación do certificado oficial que designa como Itinerario Cultural Europeo esta ruta establecida polo navegante veneciano Pietro Querini no século XV.

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia e da Ría da Estrela, Luís Oujo, participou o pasado venres neste acto, celebrado no Pazo Ducal de Venecia. Durante a súa intervención ante o plenario da asociación, Oujo puxo en valor a epopeia de Pietro Querini e a súa peregrinación dende o porto de Muros ata a catedral de Santiago.

Oujo aproveitou para expoñer as distintas accións que se están levando a cabo dende a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia e que deixan de manifesto que Galicia é a zona de Europa onde se están concretando máis iniciativas de carácter cultural y turístico de maior relevancia dentro da Vía Querinissima. Entre outras, salientouse: a estrea no Coliseo Noela (Noia) da premier do espectáculo de danza “Expedición Querina” (Escola de Danza Oitos- Noia, que tamén chegou a escenarios de Italia e Noruega). Os avances na segunda parte do documental “O Camiño Esquecido”, con gravacións xa realizadas en Creta, Venecia, Galicia e Noruega. A edición do libro “O itinerario da peregrinación de Pietro Querini (1431) de Muros a Santiago de Compostela”, editado en galego, inglés e italiano. As visitas guiadas sobre a viaxe de Pietro Querini que realizan dende a Asociación Muros Auga e Sal. E a máis importante, a consolidación da ruta de peregrinación por mar dende Baiona ata a Ría de Muros Noia, seguindo o itinerario de Pietro Querini, que se levan celebrando con gran éxito nestes seis últimos anos e coa participación de navieras como Sailway e Jules Verne Náutica, do Monte Real Club de Yates de Baiona e da Asociación de Clubs Náuticos de Galicia.

Os Itinerarios Culturais Europeos son unha iniciativa do Consello de Europa para crear un vínculo entre a cidadanía europea e o seu patrimonio cultural. Trátase de rutas entre lugares de especial interese histórico e turístico que promoven o enriquecemento mutuo, o intercambio e fan conciencia dunha identidade europea común. Algo que quedou patente en 1987, data na que o Camiño de Santiago se converteu na primeira ruta en conseguir esta distinción. A incorporación agora do Camiño da Ría de Muros Noia supón a segunda ruta xacobea e a primeira na que se inclúe un camiño marítimo.

A ruta marítima e terrestre atravesa Creta, as cosas de España e Portugal, para logo estenderse por Noruega, Suecia, Inglaterra, Alemaña, Suíza e Austria até chegar a Venecia. O treito galego da Vía Querinissima está integrado polo camiño de peregrinación de Muros a Santiago de Compostela, que Querini deixou perfectamente documentado.

Outros artigos

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

“Unha páxina aberta en Lisboa” – Xosé A. López Silva

“Unha páxina aberta en Lisboa” – Xosé A. López Silva

Calquera persoa encargada dunha exposición bibliográfica ou literaria sabe que unha das tarefas máis complexas consiste en decidir as páxinas polas que se deixa aberto cada volume. Detrás da vitrina, o libro só ofrece dúas planas. Con elas, o visitante recibe a imaxe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.