O Concello de Boiro celebra o próxima semana dous encontros veciñais, en Cures e en Boiro, no marco do programa Un café co alcalde.
En Cures será o vindeiro martes día 10 de novembro ás 20.00h e nesta ocasión será na Taberna de María, posto que o Centro Social se atopa en obras. En Boiro será o xoves días 12 ás 20.00 horas no Centro Social.
Estes encontros buscan ser un complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde, José Ramón Romero, e demais concelleiros manteñen de xeito individual coa veciñanza e repítense en todas as parroquias. Con estes encontros búscase ter “un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello”.




