
Esta fin de semana vaise celebrar en Rianxo, no Centro Sociocultural – Auditorio Municipal, a IX edición do Memorial Mireya Dieste, un recital musical que inclúe unha conferencia con Margarita Viso Soto e que se enmarca nos actos do bicentenario do nacemento de Marcial Del Adalid.
O Memoria está organizado pola Irmandade da música galega coa colaboración do Concello de Rianxo.
Será o sábado 14 de novembro ás 20.30 horas.
Margarita Mónica Soto Viso (nada na Coruña o 22 de marzo de 1957) é unha destacada intérprete, compositora, pianista e musicóloga galega. Ao longo da súa traxectoria profesional tivo un papel clave na recuperación, edición e divulgación do patrimonio musical de Galicia.
Mireya Dieste
Mireya Dieste, que morreu en 2015 aos cen anos, era sobriña do ilustre escritor rianxeiro Rafael Dieste, filla de Eduardo, un dos irmáns maiores do celebrado autor de A fiestra baldeira.
Mireya-Magdalena, que residía en A Coruña, pasou boa parte da súa nenez en Rianxo e logo comezou un periplo polo mudo acompañada en primeira instancia polo seu pai, que era diplomático. Mireya foi unha intérprete moi destacada de piano.
Render homenaxe ás súas importantes contribucións e ao seu legado é un dos grandes obxectivos do memorial rianxeiro que leva o seu nome e que chega, como dixemos, á súa nova edición este sábado 14 de novembro.



