Rianxo acolle este venres a preestrea de O Miradoiro, de Isa Fernández

09 Novembro 2026

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 13 de novembro a preestrea da obra O Miradoiro, de Alomais Teatro, texto gañador do XX Premio Abrente da MIT de Ribadavia no ano 2025, escrito por Isa Fernández.

A cita será este venres ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Trátase dunha recomendada para maiores de 14 anos, duns 80 minutos de duración.

A entrada será de balde até completar a capacidade, con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

O Miradoiro fala da condición humana no século XXI, da loita entre o ideal e o real, dos coidados, a comunicación, as brechas. Das arquitecturas dun pensamento moldeado pola inmediatez e a fragmentación dos discursos. 

O texto une barrio e existencialismo na procura dun teatro que nos interpele como comunidade, que sexa espello pero tamén fiestra na que avistar outros horizontes posíbeis.

Outros artigos

A Mostra de Curtas de Noia acolleu a estrea de El crimen de Pazos

O Coliseo Noela de Noia, no marco da edición 2026 (a XXVII) da Mostra de Curtas, acolleu este sábado 7 de novembro (ás 20.30 horas) a estrea de El crimen de Pazos, a nova miniserie de Bambú Producciones, que chegará á plataforma de contidos streaming Netflix esta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.