Afundación loita contra o deterioro da saúde mental entre adolescentes en institutos de toda Galicia, tamén en Ribeira

02 Novembro 2026
Na imaxe, o escritor Pedro Feijoo participa no obradoiro EmocionArte xunto ao alumnado do IES do Barral en Ponteareas (fotos de Miguel Riopa)

As actividades do programa EmocionArte de Afundación, impartidas polo escritor e músico Pedro Feijoo, proseguiron este luns 2 de novembro ao IES do Barral de Ponteareas, con formación para impulsar entre o alumnado a creatividade enriquecedora (e terapéutica) a través fotografía, do debuxo ou da literatura. As actividades forman parte da estratexia para a educación emocional na que a Obra Social de Abanca (Afundación) traballa coas comunidades educativas de centros de ensino secundario de toda Galicia. A nova edición de EmocionArte chegou hoxe ao IES do Barral de Ponteareas, coa participación de 77 estudantes de terceiro de ESO. O programa desenvolverase nos meses de novembro e decembro en centros de A Guarda, Ares, Vigo, Redondela, Pontevedra e Ribeira.

As sesións de fomento da educación emocional programadas por Afundación propoñen unha formación transversal pola que o alumnado aprende a conectar saberes e contextos e se prepara para afrontar retos complexos de xeito integral. Ademais de EmocionArte, completan o programa o ciclo de conferencias Educación s. XXI e o proxecto El espejo de Claude, cuxo facilitador é o psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes e no que se exploran aspectos clave na etapa da adolescencia como a identidade, a autoimaxe, a autoestima, ou a xestión das emocións e a motivación a través da fotografía.

Diferentes formas de expresión

Nas actividades do programa EmocionArte, Pedro Feijoo facilita un diálogo cos participantes para promover a xestión das emocións a partir da creación. A iniciativa serve para que alumnas e alumnos xeren textos, poemas, cancións, fotografías… e asuman a importancia da expresión na xestión das emocións.

O programa artéllase en dous encontros. No primeiro, Pedro Feijoo, dende a súa experiencia como escritor e músico, proponlles diferentes formas e canles para achegarse ás emocións. Na segunda, a celebrada hoxe no IES do Barral, a través de exemplos musicais ou literarios, xa libres de prexuízos, falan “da emoción que nos emociona”, respondendo dende a súa propia creación, en forma de poemas, relatos, letras de cancións, de debuxos e ilustracións, de cancións ou mesmo de cartas. “O importante aquí”, subliña Pedro Feijoo, é “que esas respostas veñen do propio alumnado”.

Retos e transversalidade

A aposta de Afundación por apoiar a comunidade educativa con actividades dirixidas a reforzar competencias emocionais está relacionada cos retos actuais de profesorado, estudantes, e familias.

Dende 2018, segundo o Barómetro de Opinión de la Infancia y la Adolescencia de UNICEF España publicado o pasado mes de outubro, os niveis de benestar emocional dos adolescentes de 12 a 16 anos “rexistraron unha caída sen precedentes nos últimos anos”. O informe recolle que, se ben entre 2006 e 2018 os indicadores se mantiveron estables, ata 2022, a proporción de adolescentes que declaran sentirse sós pasou do 7 ao 13,6% e a proporción dos que manifestan sentirse tristes, aumentou nese mesmo período do 11,9 ao 19,5%.

O equipo da Obra Social de Abanca desenvolve a programación escolar da entidade co obxectivo de achegar unha resposta coordinada á coincidencia desta crise de saúde mental cunha cada vez maior fragmentación da aprendizaxe. De aí a aposta por actividades transversais que estimulan o pensamento crítico, a comunicación efectiva e a colaboración.

Outros artigos

O BNG de Padrón acusa ao Goberno local de “deriva autoritaria”

O BNG de Padrón emitiu un comunicado no que expresa a súa "profunda preocupación" polo que cualifica de "deriva autoritaria" no Concello por parte do Goberno local (PSOE), ao que acusa de "falta de capacidade de diálogo" . Dende a formación din que o Executivo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.